Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria para a adquisición dun holter para a unidade de arritmias e un electrocardiógrafo para consultas externas de cardioloxía (expediente 25/1996), para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, de 6 de xuño), convoca o seguinte concurso:

-Expte. 25/1996:

1. Obxecto: adquisición dun holter para la unidad de arritmias y un electrocardiógrafo para consultas externas de cardioloxía.

2. Orzamento: 6.310.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: 30 días desde a notificación da adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativa na subministración.

5. Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas ás que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Ley de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº119 do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracions públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

1º Prezo: ata 5 puntos.

2º Calidade técnica: ata 3 puntos.

3º Servicio técnico: ata 2 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22; 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº (986) 81 60 23 e fax nº (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artígo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicions admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: os anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 3 de outubro de 1996.

José Manuel González Álvarez

Directo xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

7962