Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de subministración e instalación de material informático para o Instituto Galego de Consumo.

Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo (IGC).

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: 11/1996.

Obxecto do contrato: subministración dos equipos e aplicacións informáticas para a instalación dunha rede de área local (LAN) que lle dea soporte ós servicios centrais do Instituto Galego de Consumo.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente contrato deberán ser entregados e instalados no Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes desde a sinatura do contrato.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: sete millóns trinta mil novecentas sesenta e tres pesetas (7.030.963 pesetas).

Garantías:

Provisional: será do 2% do orzamento do contrato (140.620 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22

Fax: 57 34 69

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, adiarase ó primero día hábil seguiente.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

7776