Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/132-2-4613 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e dous C.T. en Esplanada Pavillón Deportes.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable D.H.V. 12/20 kV de 1x150 mm Al. Dous centros de transformación de 2x630 kVA, cada un, relación de transformación 20.000±2,5%±5%/400-231 V, para dar servicio eléctrico o recinto ferial de San Froilán, na Esplanada Pavillón Deportes en Lugo.

Orzamento: 15.752.490 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 27 de setembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7669