Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a solicitude de declaración como auga mineral do manancial Sousas II, número 55, sito no termo municipal de Verín (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, fai saber que, Aguas de Sousas, S.A. presentou nesta delegación provin

cial o 13 de agosto de 1996, a solicitude de declaración como auga mineral para o manancial, inscrito co nome de Sousas II, nº 55 desta provincia que se solicita ampliación do aproveitamento existente dentro do perímetro de protección de Augas de Sousas, sendo a súa situación e definida polas coordenadas xeográficas seguintes:

7º 24' 12,58 e 41º 56' 16,41''; UTM 632.355, 4.644.195.

O que se fai público co fin de que os interesados e en particular os propietarios de terreos, bens ou dereitos comprendidos no perímetro de protección poidan expoñer, no prazo de quince días, canto conveña ós seus intereses, en cumprimento do artigo 39, parágrafo 2, do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Ourense, 27 de setembro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9607528