Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/111-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eurovento, S.L. Unipersonal,

Enderezo social: Galeras, 17, piso 3, oficina 3, 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico de Paxareiras, II-A.

Situación: Muros-Carnota.

Características técnicas: para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Eurovento, S.L. Unipersonal, con domicilio na r/ Galeras, 17, 3º, oficina 3 de Santiago de Compostela, para a autorización administrativa do parque eólico Paxareiras II-A; e de acordo cos seguintes datos: municipios afectados: Muros-Carnota-superficie afectada e coordenadas: 787,5 ha e V1 (49.47.00 W, 4.74.60.00 N), V2 (49.65.00 W, 4.74.35.00 N), V3 (49.60.00 W, 4.74.10.00 N) e V4 (49.40.00 W, 4.74.10.00 N). Potencia que se vai instalar: 19,2 mW.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas ale

gacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7597