Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/126-2-4603 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Barrio, Outeiro e Vila de Cais.

Situación: O Incio.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 761 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 mm Al, para mellora do servicio eléctrico en Barrio, Outeiro e Vila de Cais, concello do Incio.

Orzamento: 4.210.562 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 30 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7598