Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.903

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (113/1996).

En cumprimento do acordado por resolución do día da data, dictada polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira (A Coruña), faise saber que neste xulgado se tramita expediente de xurisdicción voluntaria, baixo o nº 113/1996, promovido polo procurador Avelino Calviño Gómez, que actúa en nome e representación de Herminio Vila Blanco, sobre declaración de falecemento de Alfredo Vila Blanco e Herminio Vila Blanco, ambos nacidos en Porto Carreiro-Santa Comba (A Coruña), o primeiro o día 18 de abril de 1908 e o segundo o 11 de agosto de 1916, fillos de Antonio Vila Blanco e de María Blanco García. Ámbolos irmáns emprenderon viaxe cara a Madrid no ano 1935; con posterioridade, durante o transcurso da Guerra Civil Española, tivéronse novas de que ambos tomaron parte nela na Fronte Republicana e chegaron rumores de que faleceran en combate, sen que se volvesen ter máis notificas desde entón. Cando se ausentaron aqueles, o seu estado civil era de solteiros, sen

que se tivesen noticias nin coñecemento de que contraesen matrimonio ou tivesen descendencia.

O que para os fins establecidos nos artigos 2.042 e seguintes da Lei de axuizamento civil, en relación co 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia por dúas veces e cun intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer ante este xulgado para ser oída no mencionado expediente.

Dado en Negreira o trece de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7310