Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.902

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1996 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas a María Consuelo Pazó Martínez.

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 30 de novembro de 1995 (BOE do 25-12-1995), para a provisión de unha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas da Universidade de Vigo, a prol de Mª Consuelo Pazó Martínez, DNI nº 36.056.383, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Consuelo Pazó Martínez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica e Historia e Institucións Económicas da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de outubro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

6850