Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.899

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicaci no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Carnota.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do persoal laboral do concello de Carnota, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-8-1996 subscrito en representación da parte económica polo lacalde, e, da parte social, polos delegados de persoal, o día 31-5-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Orden-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de setembro de 1996.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta única

Comisión negociadora

Sendo as 11 horas do día 31 de maio de 1996, no salón de actos da Casa do Concello de Carnota, reúnense os señores abaixo relacionados, membros da comisión negociadora do convenio colectivo do Concello de Carnota.

ACORDAN:

Primeiro.-Prorrogar tódolos artigos do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Carnota ata o 31 de decembro de 1996, de acordo co estipulado no artigo segundo do devandito convenio.

Segundo.-Incrementar un 3,5 tódolos conceptos retributivos que afectan o persoal laboral no ámbito do conveio con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1996.

Sen máis temas que tratar, dáse por rematada a negociación e inicianse os trámites necesarios para remiti-los acordos ó delegado provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Xunta de Galicia) para a súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E para que conste e produza os efectos oportunos, asinámo-la presente acta no lugar e data arriba indicados.

José Domingo C.Oreiro Rodríguez

Alfredo Cambeiro Sambade

Carmen Lariño Senande

Manuel Santiago Brea Beiro

José M. Castro Villa

Mª Dolores Pena Pena

ANEXO III

Táboas salariais

CategoríaS. baseTrienioC.P. (Plus)

Economista205.0904.713
Asistente social205.0904.713
Graduado social205.0904.713
Of. 1ª conduc.118.9185.94611.892
Encarg. Ins. Dep.118.9185.94611.892
Peón110.0105.94611.892 (*)
Empr. limpeza111.0105.946

Disposición aclaratoria segunda: incremento do 3,5 % das cantidades que había no ano 1995, quedando 5.946 ptas./mes respectivamente.

Conceptos fixos en cómputo anual

CategoríaS. baseP.C. anualFest. anual

Economista2.871.260
Asistente social2.871.260
Graduado social2.871.260
Of. 1ª conduc.1.664.852214.956 (*)62.856
Encarg. Ins. Dep.1.664.852142.704
Peón1.554.140214.056 (**)62.856
Empre. limpeza1.554.140

(*) Refírese ó conductor do camión do lixo.

(**) Refírese ós peóns do camión do lixo.

E para que conste, asinámo-lo presente anexo en Carnota, o trinta un de maio de mil novecentos noventa e seis.

7909

Corrección de erros.-Orde do 18 de setembro de 1996 pola que se fai pública a lista dos opositores seleccionados no proceso selectivo convocado pola Orde do 11 de marzo de 1996 (DOG do 19), para ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a adquisición de novas especialidades.

Advertido erro na antedita orde, cómpre face-la seguinte modificación:

-Na páxina 8.769 do DOG do 30 de setembro de 1996, na relación de adquisición de nova especialidade de educación infantil, onde di: «Jimedo Enrique, Miguel Ángel», debe dicir: «Jimeno Enrique, Miguel Ángel».

7806