Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.882

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 4 de novembro de 1996 pola que se establecen as condicións da emisión de obrigacións da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe de 16.000 millóns de pesetas.

Con base no artigo 24.1º da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, o Consello da Xunta de Galicia, por Decreto 115/1996, do 14 de marzo, autorizou a realización das operacións financeiras consideradas na indicada lei mediante a emisión de débeda pública ou a concertación de créditos, facultando, así mesmo, o conselleiro de Economía e Facenda para que estableza as condicións

nas ditas operacións e dicte as disposicións necesarias para tal efecto.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Obtida a autorización, establecida no artigo 14 apartado 3º da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiación das comunidades autónomas, mediante acordo do Consello de Ministros de data 12 de abril 1996, disponse a emisión de débeda pública interior por un importe de 16.000 millóns de pesetas.

Artigo 2º

Esta emisión realízase baixo a forma de obrigacións da Xunta de Galicia representada mediante anotacións en conta, ó abeiro do artigo 55 da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores.

A emisión de débeda pública que autoriza a presente orde terá as características que se detallan a continuación:

-Importe: 16.000 millóns de pesetas.

-Data da emisión: 15 de novembro de 1996.

-Data de desembolso: 15 de novembro de 1996.

-Precio da emisión: á par libre de gastos para o subscritor.

-Nominal das obrigacións: 100.000 pesetas.

-Subscrición: realizarana directamente as entidades aseguradoras, actuando no nome propio ou por conta de terceiras persoas.

-Período de subscrición: do día 4 ó 15 de novembro de 1996.

-Cupón: os cupóns anuais vencerán o 15 de novembro de cada ano. A Xunta de Galicia pagará no seu vencemento os cupóns polo seu importe líquido. Se o posuidor é un investidor non residente que non opere en España mediante establecemento permanente, procederase á devolución de oficio das retencións practicadas, segundo procedemento establecido na resolución da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro desta consellería, de data 22-10-1993 (DOG 8-11-1993).

-Cotizacións: solicitarase a inscrición desta débeda pública á Central de Anotacións de Débeda Pública do Banco de España na forma prevista nos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, Lei de mercado de valores, e haberá que aterse ó establecido no Real decreto 505/1987, do 3 de abril e 1009/1991, do 21 de xuño, O.O.M.M. do 19 de maio de 1987 e 31 de decembro de 1991 e os demáis preceptos legais que as desenvolven.

-Fiscalidade: de conformidade co previsto no artigo 14.5º da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, esta

emisión goza dos mesmos beneficios e condicións cá débeda pública do Estado.

-Reserva minorista: reservarase un 10% do importe total da emisión para investimentos non superiores a 5 millóns de pesetas.

-Amortización: dunha soa vez á par, ós dez (10) anos desde a data da emisión.

-Tipo de xuro: 7,81%.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

7684