Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria do día 11 de outubro de 1996, acordou aproba-lo expediente de expropiación-sanción dos terreos non incorporados á Xunta de Compensación do SUNP-4, de Conxo, polo procedemento de taxación conxunta.

En cumprimento do disposto no artigo 219.3º do texto refundido da Lei do solo, o concello expón ó público o referido proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local, os interesados poidan formula-las alegacións e reclamacións que consideren oportunas.

O presente edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultar descoñecidos ou ignorarse o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1996.

P.D.

Pedro A. Fernández Fernández

Concejal delegado de Urbanismo

Relación de bens e dereitos afectados:

Termo municipal: Santiago de Compostela.

Ubicación: no SUNP-4, de Conxo.

Predio

PropietarioSuperficie

que se

expropia

1Hros. de Ramón Fernández

Outros bens: peche de sebe.

203 m
42Unión Fenosa

Outros bens: edificación do centro de transformación, en pedra.

22 m
77Fernando López Nogueira

Outros bens: galiñeiro, peche de arame.

160 m
106Hros. de Manuela Couto Maroño

Outros bens: dúas vivendas adousadas de planta baixa, leñeira, pío e unha soleira de formigón.

250 m

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273