Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Aprobación inicial do PXOU e suspensión de licencias.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 18 de outubro de 1996, acordou aprobar inicialmente a revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Urbana do termo municipal de Lalín, dispoñendo someter a información pública a documentación integrante do devandito plan xeral por prazo dun mes contado desde o día seguinte á aparición deste anuncio no boletín oficial.

Durante o devandito prazo, calquera entidade ou persoa interesada poderá coñecer e examina-la documentación integrante do plan xeral nas dependencias municipais de Urbanismo e presenta-los escritos de alegacións que estime convenientes.

Con efectos desde este acordo de aprobación inicial, así mesmo, quedan suspendidas por prazo dun ano o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición nas áreas que se detallan a continuación, e se grafan nos planos correspondentes:

Unidade de execución e áreas de ordenación diferida nas que se suspende o outorgamento de licencias.

UE-1 sita na rúa Corredoira.

UE-2 sita na rúa Corredoira (rúa 56).

UE-3 sita na rúa Corredoira.

UE-4 sita na rúa Corredoira esquina rúa 52.

UE-5 sita na rúa Corredoira esquina rúa de Cruces.

UE-6 sita na rúa de Cruces entre rúa do río e rúa 50.

UE-7 sita entre a Avda. de Cruces e rúa Carragoso de Abaixo.

UE-8 sita entre a rúa da Ponte, rúa 21, rúa Trigueiriza e rúa 20.

UE-9 sita entre a rúa da Ponte, 3º travesía da Ponte, rúa Trigueiriza e rúa 20.

UE-10 sita na rúa da Ponte.

UE-11 sita na rúa da Ponte entre rúa Cidade Xardín e rúa do Rodo.

UE-12 sita na rúa dos Acibos.

UE-13 sita na rúa da Xesteira.

UE-14 sita na rúa do Areal.

UE-15 sita na rúa de Colón.

UE-16 sita entre a rúa do Areal e a rúa «D».

UE-17 sita entre a rúa do Areal e e a rúa «D».

UE-18 sita entre a rúa do Areal e a rúa Pena Toares.

UE-19 sita entre a rúa Pena Toares, rúa do parque e rúa «E».

UE-20 sita entre a rúa «L», rúa «E» e Avda. José Antonio.

UE-21 sita entre a rúa «E» e Avda. José Antonio.

UE-22 sita entre a rúa General Franco e a rúa Wenceslao Calvo Garra.

UE-23 sita na rúa Rosalía de Castro esquina rúa Molinera.

UE-24 sita entre a rúa «B», rúa José Antonio e Rúa da Calzada.

UE-25 sita entre a rúa José Antonio e rúa «C».

UE-26 sita na rúa da Calzada entre o número 52 e a rúa «C».

UE-27 sita na Avda. de Rodeiro esquina camiño a Penacova.

UE-28 sita na Avda. de Rodeiro esquina camiño a Penacova.

UE-29 sita na rúa Donramiro.

UE-30 sita na rúa Donramiro.

UE-31 sita entre a rúa Manuel Rivero, Avda. Luis González Taboada, rúa «G» e rúa Pintor Laxeiro.

UE-32 sita na rúa Pintor Laxeiro esquina Rúa Manuel Rivero.

UE-33 sita entre a rúa Fonte Sanguiña, Avda. Buenos Aires e estación de autobuses.

UE-34 sita na rúa «C» entre a rúa «F» e rúa «G».

UE-35 sita entre a Avda. da Estación e rúa do Chorón.

UE-36 sita na Avda. da estación (fronte a estación de autobuses).

UE-37 sita na rúa Monserrat (fronte á capela).

UE-38 sita entre a rúa dos Olmos e a estrada ó Carballino.

UE-39 sita na Avda. de Buenos Aires a partir do número 102 en adiante.

UE-40 sita entre a Avda. Buenos Aires e a rúa 5.

UE-41 sita entre a rúa 4, rúa 6, rúa «F» e rúa «B».

UE-42 sita entre a Avda. Buenos Aires, rúa 4, camiñoi e rúa 5.

UE-43 sita en Feás, rúa 6, rúa 9, rúa 4, rúa 3, rúa 1, rúa 2, rúa 6, Avda. de Ourense e rúa Pena Aguda.

UE-44 sita entre a rúa da Romea e a travesía a Filgueiroa.

UE-45 sita no lugar de Prado, entre rúa Prado e Rúa Corpiño.

UE-46 sita no lugar de Prado, entre a rúa Prado 1ª Trav. rúa Prado, rúa 1 e rúa Corpiño.

UE-47 sita no lugar de Prado, rúa Prado.

UE-48 sita no lugar de Vilatuxe, estrada a Pontevedra.

UE-49 sita no lugar de Vilatuxe, estrada a Pontevedra.

UE-50 sita no lugar de Vilatuxe entre a estrada a Carballiño e estrada a Pontevedra.

AOD-1 sita en Lalín (Barrio de Abaixo, 1ª travesía da Ponte).

AOD-2 sita en Lalín, entre a rúa Joaquín Loriga, rúa Pintor Laxeiro, Praza da Vila e rúa José Antonio.

AOD-3 sita entre a rúa Donramiro e o Castro de Donramiro.

AOD-4 sita no lugar de Prado.

SG-EQ 1 sitos ó sur e oeste do campo de fútbol.

SG-EQ 2 sito entre a estrada de Ourense e camiño ó lugar de Penela.

SG-EL 1 sito a ámbalas beiras do río Pontiñas entre a rúa 1º Trav. da Ponte e estrada de Circunvalación.

SG-EL 2 sito entre a rúa do Parque e a rúa do Areal.

SG-EL 3 sito entre a rúa Penacova e estrada de Lugo.

SG-EL 4 sito no Castro de Donramiro.

SG-EL 5 sito a ámbalas beiras do río Pontiñas desde a estrada Circunvalación e a depuradora de augas residuais.

SG-I 1 sitas nas parcelas colindantes coa Estación Depuradora de augas residuais.

SG-I 2 sito en parcelas colindantes con depósito de augas potables.

SUNP-1 sito entre a rúa Corredoira e estrada de Cruces.

SUNP-2 sito entre Carragoso de Abaixo e rúa os Gladiolos.

SUNP-3 sito entre a rúa dos Gladiolos e a rúa do Areal.

SUNP-4 sito entre a estrada de Brantega e estrada de Lugo.

SUNP-5 sito entre o río Pontiñas, rúa Corredoira e estrada de Circunvalación.

SUNP-6 sito entre a estrada de Circunvalación, rúa da Costa e entre esta e Avda. do Empalme.

SUNP-7 sita entre o Castro de Donramiro, rúa de Monserrat e Avda. do Empalme.

SUNP-8 sito entre estrada de circunvalación, castro de Donramiro e rúa do Castro.

SUNP-9 sito entre o lugar da Penela e a estrada ó Carballiño, Avda. de Monserrat e rúa do Castro.

SUNP-10 sito entre a rúa «C», rúa «F», rúa 9, rúa do Pinel, rúa Calzada e Lalín de Arriba.

SUNP-11 sito entre as rúas 1, 2 Avda. de Ourense e o lugar de Agruchave.

Así mesmo, suspéndense as licencias que contraveñan as determinacións indicadas na presente ordenación, por un período dun ano.

Contra o acordo de suspensión de licencias poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo) no prazo de dous meses, contado do día seguinte á data da publicación do presente anuncio, logo de comunicación a este concello.

Lalín, 21 de outubro de 1996.

José Crespo Iglesias

Alcalde

7913