Obxecto e orzamento: contratación polo trámite de urxencia dunha asistencia para o desenvolvemento da explotación-programación de sistemas de información implantadas no Sergas-ConsellerÍa de Sanidade e Servicios Sociais, por un importe máximo de 8.500.000 ptas. (IVE incluído).
Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificaciós do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 8 da folla de especificacions do prego de cláusulas administrativas particulares.
Prazo de execución: oito meses, contados desde a formalización do contrato.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
Admisión de variantes: non se admiten.
Criterios de adxudicación: ver apartado 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de claúsulas administrativas.
Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería (en San Lázaro) a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1996.
Antonio Fdez-Campa García-Bernardo
Director xeral de Recursos Económicos
7915