Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a contratación das obras de construcción do hospital comarcal do Salnés en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

A Dirección Xeral de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no Decreto 64, do 15 de febreiro de 1996, do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e dirección do órgano de contratación: Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 61 - Fax (981) 54 27 62.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

b) Contido do contrato obxecto de licitación: obra de construcción do hospital comarcal do Salnés en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) por un importe de 1.658.230.156 ptas. (IVE incluído).

3. a) Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: obras de construcción.

c) División en lotes : non.

d) Elaboración de proxectos: non.

4. Prazo de execución: 24 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: referencia hospital comarcal do Salnés en Vilargaría de Arousa (Pontevedra). Proxecto entregado ás copisterías.

Copynino: Tef. (981) 58 89 38

Copy Estudio: Tef. (981) 59 33 85

Tórculo: Tef. (981) 59 26 00

Prezos que hai que pagar segundo tarifa.

6.a) Data límite de recepción de ofertas: 16-12-1996.

b) Dirección á que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, edificio administrativo San Caetano bloque 2-2º en Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: 27-12-1996 a partir das 10 horas na sala de xuntas

C do edificio do Sergas en San Lázaro-Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Garantías esixidas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación (empresas españolas dispensadas Real decreto 1883/1979).

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo o disposto no artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Anualidades:

1996: 100.000.000 de ptas.

1997: 750.000.000 de ptas.

1998: 808.230.156 ptas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicatario do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as condicións que se establezan no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: non se admitirán ofertas que inclúan solucións técnicas que varíen o proxecto aprobado pola Administración.

15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión. Subdirección Xeral de Investimentos. Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas. Telf. (981) 54 18 38.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa: non se publicou.

17. Data de envío do anuncio: 23-10-1996.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1996.

P.D. (Decreto 64/96 de 15-2-1996)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

7914