Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Copemar XII.
Cultivo: mexillón.
Localización: cuadrícula nº 06, Cangas «B».
Data da concesión:. 26-5-1965 (BOE nº 147).
Data do remate da última prórroga: 22-6-2005.
Anterior concesionario: Criaderos de Mariscos, S.A. (Crimasa).
Novo titular da concesión: Dasomar, S.L.
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Gravames: hipoteca constituída a favor do Banco Pastor, S.A., inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontevedra nº 1.
Vigo, 1 de outubro de 1996.
P.D. (Orde 27-6-1990)
José Manuel Gabeiras Vérez
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
7531