Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 de outubro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Copemar IX.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Copemar IX.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 30, Cangas «B».

Data da concesión:. 25-9-1964 (BOE nº 236).

Data do remate da última prórroga: 5-10-2004.

Anterior concesionario: Criaderos de Mariscos, S.A. (Crimasa).

Novo titular da concesión: Dasomar, S.L.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Gravames: hipoteca constituída a favor do Banco Pastor, S.A., inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontevedra nº 1.

Vigo, 1 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

7538