Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde de 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Proxecto de construcción PO-233. Treito: Pontevedra-Campolameiro.

Adxudicatario: Cubiertas y Mzov, S.A.

Orzamento: 387.514.194 ptas.

-Proxecto de construcción estrada PO-262. Treito: Vilasobroso-Mondariz.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento:152.428.358 ptas.

-Proxecto de construcción, alargamento e mellora da estrada Rozas-Abadín. Treito: Castro de Ribeiras de Lea-Moman.

Adxudicatario: U.T.E. Viales y Construcciones, S.L. e Taboada y Ramos.

Orzamento: 252.833.543 ptas.

-Proxecto de construcción da vía rápida VRG1.1 entre A Bacariza e Rianxo e accesos a C-550.

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento: 292.300.000 ptas.

-Acondicionamento da estrada C-550 camiño de Fisterra a Tui pola costa P.K. 10,300/12,00 e 15,000/25,000.

Adxudicatario: C.R.C. Obras y Servicios, S.L.

Orzamento:56.624.863 ptas.

-Mellora na capa de rodadura na OUR-310. Treito: Verín-Vilardevós.

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Orzamento: 51.154.000 ptas.

-Acondicionamento de Travesías de Cruz do Incio 2ª fase. Treito: Cruz do Incio.

Adxudicatario: Ovisa.

Orzamento: 23.217.150 ptas.

-Acondicionamento da plataforma na PO-242 e PO-243. Treito: Pino-Ponte Bora.

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 81.483.648 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9607543