Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de otubro de 1996, pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolución do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resólvese adxudica-los seguintes contratos:

-Contratación das obras de rehabilitación dun edificio para centro de exposición permanente de recursos da comarca do Salnés, concello de Cambados (Pontevedra), convocado mediante concurso público aberto, por resolución da consellería da Presidencia e Administración Pública, no Diario Oficial de Galicia, número 151, de 2 de agosto de 1996.

Adxudicatario: Construcciones Martínez Núñez, S.A.

Importe: 106.751.780 ptas. IVE incluído.

-Contratación da subministración necesaria para a ampliación de diversos equipos do sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) para a Dirección Xeral de Organización de Sistemas Informáticos, convocada mediante concurso público aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no Diario Oficial de Galicia número 115, do día 12 de xuño de 1996.

Adxudicatarios: Sermática, S.A. (lote número 1)

Unisys España, S.A. (lote número 29.

Importe: (lote número 1) 10.625.600 ptas. IVE incluído.

(Lote número 2) 5.645.952 ptas., IVE incluído.

-Contratación da subministración e instalación dun sistema de información geográfica (G.I.S.) para o CECOP-Galicia e os CECOPS-provinciais, convocada mediante resolución da Secretaría Xeral para a Protección e Medio Ambiente, publicada no Diario Oficial de Galicia número 91 do 9 de maio de 1996.

Adxudicatario: Unión Temporal de Empresa Tranor (Tratamientos del Norte, S.L. e Cibergal, S.L.).

Importe: 11.698.300 ptas. IVE incluído.

-Contratación do servicio de mantemento e reparación de edificios administrativos da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, casa do presidente da Xunta en Roxos e sedes comarcais en Lalín, Ordes e Vilalba, convocada mediante concurso público aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia número 75, do 17 de abril de 1996.

Adxudicatario: Ferrovial Conservación, S.A. (Ferconsa).

Importe: 80.726.157 ptas., IVE incluído.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

7504