Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 04 de novembro de 1996 Páx. 9.753

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de outubro de 1996 pola que se declara de interese galego a Fundación José Otero-Carmela Martínez e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Con data do 10 de outubro de 1996 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 20 de setembro de 1996 pola que se clasifica como mixta a Fundación José Otero-Carmela Martínez adscribíndoa á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que terá que exercer plenamente o protectorado sobre ela.

A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela o día 27 de xuño de 1996 ante o notario desa cidade José Antonio Montero Pardo, co número mil cento dezasete do seu protocolo, por José Otero Otero e María del Carmen Martínez San José no seu propio nome e dereito.

Esta fundación, ó abeiro do establecido no artigo 6 dos seus estatutos, ten por obxecto a concesión de bolsas a estudiantes, a formación, execución e desenvolvemento de programas de investigación; a dotación de bibliotecas e fondos culturais así como a axuda ós anciáns e persoas discapacitadas nas diversas formas que aconselle a súa asistencia; axudas extraordinarias a carencias infantís de todo tipo.

Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento

de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declarar de interese galego a Fundación José Otero-Carmela Martínez ó cumpriren os seus estatutos as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2. Ordena-la inscrición da Fundación José Otero-Carmela Martínez o Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública, para os efectos constitutivos que sinala la Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro de Presidencia e Administración Pública

7482