Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 30 de outubro de 1996 Páx. 9.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 96/0007, 96/0008 e 96/0030.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, disporán os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 4 de outubro de 1996.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador nº: EN 96/0007.

Denunciado: Rodríguez Méndez, Juan Manuel.

DNI: 36.107.004.

Último enderezo coñecido: Avda. de Castelao, nº 62-9º A. Vigo-Pontevedra.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.-Lei 3/1989 de CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 38.13º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 15.ooo ptas.

Procedemento sancionador nº: EN 96/0008.

Denunciado: Ángel Francisco Carralero Pardo.

Último enderezo coñecido: c/ Sabadell, 217, Madrid.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.-Lei 3/1989 de CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 38.13º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 15.ooo ptas.

Procedemento sancionador nº: EN 96/0030.

Denunciado: José Luis López Martínez.

Último enderezo coñecido: Jaizkibel Etorbiadea Alai. Txoko-Fuenterrabía-Guipúzcoa.

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.-Lei 3/1989 de CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 38.13º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

7578