Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 30 de outubro de 1996 Páx. 9.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, 96/0059 e 96/0066.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolví publica-lo acordo de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos-, e para aportar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 4 de outubro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 96/0059.

Denunciado: Arturo Fernández Pérez.

Último enderezo coñecido: r/ Raviso, nº 141 Vigo.

Feitos denunciados: acampar en lugar prohibido.-Lei 4/1989 de CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 38.3º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Procedemento sancionador número: EN 96/0066.

Denunciado: Jorge E. Menéndez Blanco.

Último enderezo coñecido: r/ Santo Tomás, 40-3º A Coruña.

Feitos denunciados: acampar en lugar prohibido.-Lei 4/1989 de CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 38.3º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

7578