Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.614

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación (245/1996).

Auto. En Ribeira o 30 de xullo de 1996.

Feitos:

Primeiro.-A procuradora Treus Blanco en nome e representación de Manuela Torres Paz, con

DNI/CIF 33.220.916, domicilio en Aguíño, 2 (Ribeira), solicitou a adopción das medidas provisionais que considerou oportunas ó tempo de formular demanda de divorcio, baseándose nos feitos e fundamentos de dereito que relatou.

Segundo.-Admitiuse a trámite de solicitude das medidas provisionais invocadas, sinalándose día e hora para a comparecencia previda no rtigo 1897 da LEC, citándose as partes interesadas.

Terceiro.-Celebrada comparecencia, compareceu a parte actora afirmándose e ratificándose na demanda presentada.

Razoamentos xurídicos:

Primeiro.-Admitida a trámite a demanda de divorcio do matrimonio, por falta do acordo dos cónxuxes xudicialmente aprobado, e con audiencia destes, a teor dos artigos 103 do Código e 1896 e ss. da Lei de axuizamento civil en relación coa disposición adicional cuarta, parágrafo segundo, da Lei 30/1981, do 7 de xullo, examinadas as solicitudes formuladas e o resultado das probas practicadas, é procedente a adopción das medidas provisionais que se mencionan na parte dispositiva da presente resolución.

Segundo.-Non procede facer especial pronunciamento sobre as custas.

Parte dispositiva.

En atención a todo o exposto.

Acordo: a adopción das seguintes medidas provisionais.

1. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

2. Quedan revogados os consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes outorgase ó outro.

3. Cesa a posibilidade de vincula-los bens privativos do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

4. Que os fillos do matrimonio quedan baixo a garda e custodia da nai, podendo o marido comunicar con eles e telos na súa compañía as fins de semana alternas, desde as 16 horas do sábado ata as 19 do domingo, a metade das vacacións de Nadal, Semana Santa, e verán, alternando os cónxuxes na elección dos períodos que lles sexan másis convenientes.

5. O marido deberá aboar mensualmente a cantidade de 20.000 ptas. en concepto de contribución ás cargas do matrimonio e alimentos, que aboará por anticipado nos cinco primeiros días de cada mes, cantidade que deberá ser actualizada anualmente de conformidade co IPC publicado polo INE.

Así o acorda, manda e asina Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira.

E para que sirva de notificación en forma ó demandado José Francisco Vilas Costas, e para a súa publicación no DOG, expido, asino e selo o presente auto en Ribeira o 5 de setembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

7566