Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do Plan Parcial da zona de Salto do Can-Rabo de Galo.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 13 de setembro de 1996 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o Plan Parcial da zona Salto do Can-Rabo de Galo, a pedimento de Juan Carlos Cabanelas Rodríguez, en representación de Xestur Ourense, e somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios no DOG, no BOP e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Polo presente anuncio e de conformidade co artigo 116 do TRLS anúnciase a exposición pública do dito proxecto polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que as persoas ou entidades interesadas presenten, no mencionado prazo, aquelas alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O que se comunica para os efectos oportunos.

Ourense, 1 de outubro de 1996.

O alcalde-presidente

Rubricado

7594