Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1996 pola que se anuncia o concurso público 10/1996 por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de material informático: ordenadores e impresoras láser, para a Facultade de Socioloxía. (Expediente 1034/1996).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de material informático: ordenadores e impresoras láser, para a Facultade de Socioloxía.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: cinco millóns seiscentas oitenta mil pesetas (5.680.000).

Garantía provisional: centro trece mil seiscentas pesetas (113.600).

A Coruña, 16 de outubro de 1996.

P.D. (R. 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

7527