Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 25 de outubro de 1996 Páx. 9.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

María Dolores Méndez Torres, en función de secretaria xeral do concello de Ribeira (A Coruña,

Certifica, que o Pleno do Concello, en sesión extrarodinaria celebrada o día 5 de setembro de 1996, entre outros, adoptou o seguinte acordo:

V. Aprobación definitiva do estudio de detalle en Corrubedo, promovido por Evelyn Marcela Stern.

A presidencia dá conta do estudio de detalle en Corrubedo, promovido por Evelyn Marcela Stern, e redactado polo arquitecto Pablo Gallego Picard, aprobado inicialmente en sesión plenaria celebrada o 29-4-1996.

O anuncio foi publicado no DOG nº 140, do 17 de xullo, e exposto ó publico no taboleiro de anuncios deta casa consistorial no período comprendido entre o 18-7-1996 ó 6-8-1996, ambos inclusive, sen que se presentase ni ngunha alegación contra este.

O Pleno do Concello, por unanimidade, acorda:

1. Aprobar definitivamente o estudio de detalle redactado polo arquitecto Pablo Gallego Picard por instancia de Avelyn Marcela Stern, en relación co predio situado en Porto (Corrubedo).

2. Que se publique o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e se notifique ós interesados con sinalamento dos recursos procedentes.

Para que conste, coas reservas do artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, expido o presente acordo de orde e co visto e prace do alcalde, en Ribeira o 10 de setembro de 1996.

Vº Bº

Alcade

Rubricado