Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 25 de outubro de 1996 Páx. 9.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público por procedemento aberto, por trámite urxente, para a subministración de maquinaria de hostelería. (C.P. 15/1996).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación de subministración: 1 lavalouza de cinta para 6.000 pratos/hora, incluíndo montaxe e substitución polo existente.

Orzamento: 13.600.000 pesetas (IVE incluído).

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: 45 días, contados a partir da data da notificación da adxudicación.

Admisión de variantes: admítense, sempre e cando se superen o estipulado nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no Art. 16, apartados a) e c), da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: de acordo co establecido no Art. 18, apartados b), c) e e) da referida Lei 13/1995.

Criterios de adxudicación: 1) Calidade técnica, ata 4 puntos. 2) Valoración económica, ata 4 puntos. 3) Asistencia técnica, ata 1 punto. 4) Prazo de execución, ata 1 punto.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga 52, (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 13 horas, agás sábados.

Fianzas.

Provisional: 272.000 pesetas (2% de 13.600.000). Deberá ser depositada previamente á licitación nalgunha das formas que establece o artigo 36 da devandita Lei 13/1995. No caso de ser constituída mediante aval, será suficiente a inclusión da póliza da entidade financeira pola que se formalice o aval.

Definitiva: será do 4% do importe de licitación.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de

ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas.

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 11 de outubro de 1996.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor

6911