Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 25 de outubro de 1996 Páx. 9.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1996 pola que se anuncia polo sistema de concurso de procedemento aberto a obra, declarada de urxencia, denominada: reparación 1ª fase: substitución de cuberta e obras varias no C.P. Felipe Castro de Noia (A Coruña).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto da obra, declarada de urxencia, que se cita:

-Reparación 1ª fase: substitución de cuberta e obras varias no C.P. Felipe Castro de Noia (A Coruña).

-Orzamento de licitación: 17.609.215 ptas. (dezasete millóns seiscentas nove mil duascentas quince pesetas).

-No se admiten variantes económicas.

-Prazo de execución: 5 meses.

-Sen clasificación.

Exposición do proxecto: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento da Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das 9 ás 14 horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se

poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará o décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela.

En canto ás proposicións por correo, observarase o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2., 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación, cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, a fin de que se emenden, dentro do prazo que se indique os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 12 horas do sexto día hábil seguinte ó de terminación do prazo, na Sala de Xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1996.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

7698