Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 25 de outubro de 1996 Páx. 9.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1996 pola que se anuncia a licitación das obras definidas no proxecto parque do campo da feira en Gondomar. (Clave: 96.01.PO).

Poxa aberta.

1. Nome, enderezo, número de teléfono do poder adxudicador.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Edificios Administrativos San Caetano.

15704 Santiago de Compostela. A Coruña.

Teléfono: (981) 54 43 71.

2. A) Modalidade de adxudicación elixida.

Poxa aberta de acordo co artigo 76 da Lei de contratos das administracións públicas.

B) Contido do contrato obxecto da licitación.

Execución das obras definidas no proxecto parque do campo da feira en Gondomar.

C) Orzamento total: sesenta e un millóns duascentas corenta e duas mil novecentas noventa e dúas pesetas (61.242.992 ptas.), IVE incluído.

3. Lugar de execución.

Termo municipal: Gondomar. Provincia de Pontevedra.

Natureza e alcance das prestacións e características da obra.

As definidas no proxecto de execución.

4. Prazo de execución eventualmente imposto.

6 (seis) meses.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato.

Escritura pública.

6. A) Solicitude de documentación para participar na poxa:

Copynino en r/ General Pardiñas, nº 2.

15701 Santiago de Compostela. A Coruña.

Teléfono (981) 58 89 38.

B) Prazo de presentación de proposicións.

Vinteseis días contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

C) Enderezo á que deberán enviarse as ofertas:

Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Edificio administrativo San Caetano.

15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

D) Lingua ou linguas nas que deben redactarse:

En galego ou en castelán.

7. Data, hora e lugar de apertura das proposicións.

O cuarto día hábil que non coincida en sábado despois de rematado o prazo de presentación de proposicións.

8. Se é o caso, fianza e garantías esixidas.

Non se esixe fianza provisional de acordo co establecido no apartado H do prego de cláusulas administrativas particulares e unha fianza definitiva de 2.499.720 ptas. segundo o definido no apartado I do cadro de caracteríticas do citado prego.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan.

Pagamentos a conta, de carácter mensual, baseados nas certificacións de obra executada e conforme o disposto no artigo 100 da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Datos referentes á situación do empresario así como as condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo contratista.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato cando non se mencionen na invitación para licitar.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

13. Información complementaria.

Clasificación:

-Grupo C. subgrupo 2, categoría c.

-Grupo C. subgrupo 4, categoría b.

-Grupo G. subgrupo 6, categoría c.

-Grupo K. subgrupo 6, categoría a.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7719