Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 25 de outubro de 1996 Páx. 9.491

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 346/1996, do 13 de setembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Advertidos erros no Decreto 346/1996, do 13 de setembro, (DOG nº 187, do 24 de setembro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 8.590:

No apartado 2.2, Servicio de Contratación e Equipamento, do artigo 4, na súa liña novena, onde di: «Servicio de Estatística», debe dicir: «Servicio de Informática».

No apartado 1, Subdirección Xeral de Persoal, do artigo 5, na súa liña quinta, onde di: «...coa Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros», debe dicir: «...coas direccións xerais correspondentes por razón da materia».

-Na páxina 8.591:

Ó final do parágrafo primeiro do artigo 6, onde di: «...así como o pagamento delegado ó profesorado...», debe dicir: «...así como o pagamento delegado ó profesorado; e tamén o establecemento do réxime xurídico e administrativo dos centros e a expedición dos títulos académicos».

No apartado 2, Subdirección Xeral de Centros, do artigo 6, ó final do seu primeiro parágrafo, onde di: «...en coordinación coa Dirección Xeral de Persoal, así como a súa execución», debe dicir: «...en coordinación coa Dirección Xeral de Persoal, así como a súa execución; e tramita-la expedición de títulos académicos».

No apartado 2.1, Servicio de Centros, do artigo 6, na súa líña sétima, onde di: «...leva-lo rexistro de centros», debe dicir: «...leva-lo rexistro de centros, e tramita-la expedición de títulos académicos e o seu rexistro».

-Na páxina 8.592:

Na primeira liña desta páxina, correspondente ó apartado 2.1, Servicio de Centros, do artigo 6, onde di: «...centros en crise», debe dicir: «..centros afectados pola non renovación dos concertos educativos».

Ó final do apartado 2.1, Servicio de Centros, do artigo 6, debe engadirse: «...calquera outra función que en relación con estas materias lle sexa encomendada».

No apartado 2.2, Servicio de Xestión de Programas Educativos, do artigo 6, na súa líña sétima, onde

di: «...convenios e subdireccións, agás o pagamento delegado ó profesorado», debe dicir: «...subvencións e convenios, e tramita-lo pagamento delegado ó profesorado».

No primeiro parágrafo do artigo 7 debe suprimirse a expresión: «...e por último, a expedición de títulos académicos».

O segundo parágrafo do artigo 7, debe suprimirse integramente.

No apartado 2, Subdirección Xeral de Ordenación Educativa, do artigo 7, na súa liña primeira, onde di: «Correspóndelle a esta subdirección xeral as propostas», debe dicir: «Correspóndelle a esta subdirección xeral a elaboración das propostas...».

-Na páxina 8.593:

Na liña terceira desta páxina, correspondente ó apartado 2, Subdirección Xeral de Ordenación Educativa, do artigo 7, debe suprimirse a expresión: «...así como a tramitación da expedición de títulos académicos».

No apartado 2.1, Servicio de Educación e Innovación Educativa, do artigo 7, na súa liña decimocuarta, onde di: «...supervisar os proxectos», debe dicir: «...supervisa-los proxectos». E na súa liña vigésimo oitava debe suprimirse a expresión: «Xestiona-la expedición de títulos académicos e leva-lo seu rexistro central».

-Na páxina 8.594:

No apartado 2 do artigo 8, onde di: «Secretaría Xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico», debe dicir: »Subdirección Xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico». E na primeira liña deste apartado, onde di: «Correspóndelle á Secretaría Xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, con nivel orgánico de subdirección xeral», debe dicir: «Correspóndenlle a esta subdirección xeral as funcións da Secretaría Xeral do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico».

-Na páxina 8.595:

No segundo parágrafo do apartado 2, do artigo 8, na súa primeira liña, onde di: «...esta secretaría colaborará...», debe dicir: «...esta subdirección xeral colaborará...».

No artigo 9, apartado 1.1, Servicio de Plans e Programas do Ensino da Lingua Galega, na súa liña oitava, onde di: «Dirección Xeral de Formación Profesional e Ordenación Educativa», debe dicir: «Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional».

-Na páxina 8.597:

Na liña oitava desta páxina, correspondente ó apartado 4, Servicio de Promoción Estudiantil, do

artigo 11, onde di: «Servicio de Xestión do Transporte Escolar e dos Servicios Educativos Complementarios», debe dicir: «Servicio de Xestión dos Servicios Educativos Complementarios».

7455