Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.443

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 378/1996, do 11 de outubro, polo que se nomea un membro da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

De conformidade co establecido no Decreto 137/1995, do 10 de maio, polo que se establece a composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga) e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións que lle confire

a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presiente, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de outubro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Nomear como vocal da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga) a José Manuel Soto Vázquez, director xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual da Consellería de Cultura e Comuniación Social.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Curras Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

7588