Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.443

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 377/1996, do 11 de outubro, polo que se dispón o cesamento dun membro da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

De conformidade co establecido no Decreto 137/1995, do 10 de maio, polo que se establece a composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga) e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do once de outubro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Que cese como vocal da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga) a Ángel Sicart Giménez, director xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

7702