Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno do Concello de Ames en sesión celebrada o día 26 de setembro de 1996, de acordo co establecido no Real decreto lei 5/1996, do 7 de xuño, e as delegacións efectuadas pola alcaldía no Decreto 166/1996, do 18 de xullo, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de terreos en Aspra do Vento.

O que se fai público polo prazo de quince días para que poida ser examinado e presentadas as alegacións que se coiden pertinentes de acordo co establecido no artigo 117 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Ames, 2 de outubro de 1996.

O Alcalde

Rubricado

7398