Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a prestación do servicio de mantemento das zonas axardinadas sitas na avenida de Alfonso Molina.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións. b) Número de expediente: As96/17.

2. Obxecto do contrato: mantemento das zonas axardinadas sitas na Avenida de Alfonso Molina.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1996, prorrogándose tacitamente anualmente ata un máximo de seis anos.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 26. 305.800 ptas. anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 526.116 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 5, categoría b.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Dia

rio Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do trascurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta Económica», «Documentación Administrativa» e «Documentación Técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación da prestación do servicio de mantemento das zonas axardinadas sitas na avenida de Alfonso Molina».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 14 de outubro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

7407