Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona da Xironda-Pedrosa (Cualedro-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Xironda-Pedrosa (Cualedro-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social a urxente execución polo decreto da Xunta de Galicia nº 359/1990, do 22 de xuño (Diario Oficial de Galicia nº 133 do 9 de xullo) o seguinte:

Primeiro.-O 20 de setembro de 1996 o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona da Xironda-Pedrosa (Cualedro-Ourense) logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Cualedro durante

trinta días hábiles, contados desde o día seguinte da publicación do último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes poderán presenta-lo recurso na Xefatura Provincial de Estructuras e Desenvolvemento Rural (r/ Curros Enríquez, 1-6º, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo. Para isto, deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación un domicilio dentro do término municipal de que se trate e, se for o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Ourense, 20 de setembro de 1996.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Esctructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense

7413