Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 23 de outubro de 1996 Páx. 9.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a conducción e subministración de gas propano no termo municipal de Silleda (Pontevedra).

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, e no artigo 11 do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: REPSOL Butano, S.A., con domicilio en r/ Arcipreste de Hita, 10, 28015 Madrid.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o servicio público de distribución e subministración de gas propano comercial, no termo municipal de Silleda, na provincia de Pontevedra, de conformidade co proxecto presentado para o efecto, que se concretará posteriormente, co oportuno deta

lle, no proxecto para a autorización das instalaciones.

Descrición das instalacións:

-Estación de G.L.P., composta por 2 depósitos cunha capacidade total de almacenamento de 99 m, dotada de equipo de gasificación, regulación e trasvase adecuados ás necesidades de consumo.

-Rede de distribución, deseñada para a súa intercambiabilidade co gas natural e construída con encanamento de polietileno de media densidade, de diversos diámetros segundo as necesidades de consumo, que transcorrerá enterrada na súa totalidade.

Área de la concesion: o municipio afectado pola solicitude de concesión é Silleda, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: vintesete millóns cincuenta mil cento cincuenta e nove pesetas (27.050.159 ptas.).

O que se fai público para conocimiento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de concesión na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

7412