En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.d. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspodientes,
Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade nº 96/017, convocada por resolución con data 1 de febreiro de 1996, comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.
A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicacion da presente resolución no BOE.
Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partires do seguinte á súa publicación.
A Coruña, 2 de outubro de 1996.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
ANEXO
Praza de: catedrático de escola universitaria.
Área de coñecemento: construccións navais.
Praza nº: 96/017
Comisión titular.
Presidente: Vicente Vázquez, Ramón de; catedrático de universidade. Universidade da Coruña.
Secretario: González Linares, Rafael; catedrático de escola universitaria. Universidade de Cádiz.
Vocais: Rodríguez Rubio, Ángel; catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Casares Córdoba, Emilio; catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Polo Sánchez, Gerardo; catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Comisión suplente.
Presidente: Muñoz Moreno, Ciriaco; catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Secretario: Campos de Quevedo, Alejandro; catedrático de escola universitaria. Universidade de Cádiz.
Vocais: Núñez Basáñez, José Fernando; catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Mira Monerris, Alejandro; catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
Comas Turnes, Eduardo; catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.
96-7363