Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.376

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Harinas del Atlántico, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo Harinas del Atlántico, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-7-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo delegado de persoal o día 28-6-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadore, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de xullo de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo do ámbito da empresa Harinas del Atlántico, S.A. (HADASA)

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación á totalidade dos traballadores e traballadoras que presten os seus servicios na emprea HADASA, sita en Ribeiriña, s/n, A Pobra do Caramiñal (A Coruña), así como a tódolos que ingresen na empresa durante a vixencia deste.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo, terá unha duración de doce meses, e entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1996, durante a súa vixencia non poderá ser afectado polo disposto en convenio de ámbito distinto, todo iso ó abeiro de canto prevén o artigo 84 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aprobou o Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Prórroga.

Ó cumpri-la data do seu vencemento, este convenio colectivo prorrógase tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia por calquera das partes, cunha antelación mínima dun mes á data do seu vencemento. En todo caso, estará en vigor mentres non sexa substituído por un novo convenio asinado polas partes.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións persoais máis beneficiosas cás acordadas neste convenio, manténdose o dito respecto en forma estrictamente ad personam.

Artigo 5º.-Retribucións.

Os salarios base establecidos neste convenio son os que se achegan na táboa salarial anexa.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Os aumentos por antigüidade ó servicio da empresa, quedan constituídos por dous trienios aboados ó 5% e quinquenios ó 10% calculados, en todo caso, sobre o salario base de cada categoría profesional.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores da empresa percibirán dúas gratificacións ó ano, que se chamarán de verán e de Nadal. As ditas gratificacións percibiranse os días 15 de xullo e decembro, respectivamente, a contía será dunha mensualidade de salario base, incrementada coa antigüidade correspondente.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

Tódolos traballadores da empresa percibirán en concepto de beneficios, dentro do primeiro trimestre do ano, a cantidade correspondente a 25 días de salario base incrementada coa antigüidade, en cada caso.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias que se fagan pagaranse cos seguintes recargos:

-85% as feitas en días laborales.

-160% as feitas en domingos, festivos e despois das vintedúas horas.

Para calcula-lo valor das horas extraordinarias recorrerase á seguinte fórmula:

Salario hora individual= salario mensualx14,83 pagas+antigüidade ano:1.800 horas.

O salario base que resulte servirá de base para determina-lo importe das horas extraordinarias.

Artigo 10º.-Horas extras estructurais.

Polas especiais circunstancias que concorren nas actividades desta empresa, que ten que transformar artigos perecedoiros, as partes recoñecen a necesidade ineludible de traballar un número de horas extraordinarias en relación co artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Estas horas extraordinarias traballadas terán a consideración de estructurais, de acordo co estipulado no artigo 7 do Real decreto 82/1979, do 19 de xaneiro e Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto. De acordo co anteriormente disposto, polo representante dos traballadores darase cumprimento ó disposto no artigo 4 da Orde do 1 de marzo de 1983.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

A xornada laboral queda fixada en 40 horas semanais, prestadas de luns a venres, en xornada continua con 15 minutos de descanso. En cumprimento do estipulado no apartado cuarto do artigo 35 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, queda fixado un calendario laboral de 225 días efectivos de traballo, suma á que se chega por exclusión de domingos, sábados, festivos e período vacacional de todo o persoal.

Artigo 12º.-Plus de nocturnidade.

Para as horas traballadas en xornada nocturna (das 22 ás 6 horas), establécese un plus consistente no aboamento do 25% sobre o salario base, incrementado segundo os casos, coa antigüidade correspondente.

Artigo 13º.-Percecións en caso de ILT.

Os trabalaldores que sufran enfermidade, percibirán desde o primeiro día e durante o prazo máximo dun ano, o complemento necesario para que sumado ás prestacións da Seguridade Social alcancen o 100% do seu salario. Esta perceción procederá unicamente nos supostos de incapacidade laboral transitoria, que requira hospitalización. Nos supostos de tratamentos haberá que aterse ó establecido no Real decreto 53/1980, do 18 de xaneiro. Nos supostos de ILT derivada de accidente, a empresa completará ata o 100% das indemnizacións que correspondan, mentres dure a situación de ILT, requira ou non hospitalización.

De conformidade co estipulado no artigo 20 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, a empresa poderá verificar en todo momento, o estado de enfermidade ou accidente, mediante o persoal facultativo que para estes efectos nomee a empresa.

Toda negativa a este recoñecemento, determinará a suspensión dos dereitos económicos que puidesen existir por conta da empresa por estas situacións.

Artigo 14º.-Vacacións.

Tódolos traballadores e traballadoras desfrutarán dun período de 30 días naturais, retribuídos a salario real. A dirección da empresa elaborará de mutuo acordo co representante dos traballadores un calendario de vacacións, antes do día 30 de marzo, expoñéndose este no taboleiro de anuncios da empresa, para coñecemento dos traballadores.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

O persoal da empresa terá dereito a licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Matrimonio do traballador: 16 días naturais.

b) Parto da esposa: 3 días. No suposto de que este teña lugar fóra do domicilio habitual do interesado, aumentarase un día máis.

c) Fallecemento do cónxuxe, fillos, pais políticos, e demais familia ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días. Se precisase facer un desprazamento o total do permiso será de 5 días naturais.

d) Nos demais supostos e casos haberá que aterse ó estipulado no artigo 37 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º.-Traballo da muller.

A muller terá iguais dereitos e obrigacións có home. Se a realización de traballos tóxicos, penosos ou perigosos afectase a situación de embarazo ou maternidade, estes serán excluídos.

Artigo 17º.-Pezas de roupa de traballo.

A empresa facilitará a cada traballador dúas fundas ó ano, duración que se calcula para tal período, entregándoselle-las dúas pezas de roupa no mes de xaneiro; con tal medida permitirase que tales pezas de roupa poidan ser sometidas a lavado semanalmente de forma obrigatoria. Ó ser cabo do ano, os traballadores entregaranlle á empresa, as pezas de roupa recibidas no seu día independentemente do seu estado de conservación por seren propiedade da patronal.

Artigo 18º.-Póliza de seguro.

A empresa subscribirá un seguro colectivo de vida e invalidez, en favor dos seus traballadores, con cobertura de 1.500.000 ptas. para os casos de morte natural ou accidente e de 2.500.000 ptas. para os casos de invalidez.

Artigo 19º.-Persoal fixo.

Os traballadores que nun prazo de 10 anos permanecesen na empresa 5 ou máis anos como persoal contratado, pasarán automaticamente a fixos de cadro.

Artigo 20º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, vixilancia, arbitraxe e conciliación do convenio.

Estará substituída por un representante da empresa e un dos traballadores.

Disposicións adicionais

Primeira.-En cumprimento do previsto no artigo 26.5º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aprobou o Estatuto dos traballadores, faise constar:

a) O número de horas de traballo durante a vixencia do convenio será de 1.800 horas de traballo efectivo.

b) Que a remuneración anual dos traballadores, en función das mencionadas horas, é o que segue:

TÁBOA SALARIAL EN CÓMPUTO ANUAL

Categoría profesionalTotal pesetas

Xerente3.039.963
Axudante titulado2.700.428
Xefe administrativo2.700.428
Xefe de producción2.700.428
Contable2.046.644
Oficial administrativo1.895.557
Auxiliar administrativo1.768.666
Encargado1.823.820
Mecánico1.744.010
Chofer1.719.276
Axudante1.627.207
Peón1.660.696
Aprendiz (menor de 18 anos)1.102.505

TÁBOA DE SALARIOS PARA O ANO 1995

Categoría profesionalSalario base

mensual

Xerente207.010
Axudante titulado182.092
Xefe administrativo182.092
Xefe de producción182.092
Contable138.007
Oficial administrativo127.823
Auxiliar administrativo119.263
Encargado122.982
Mecánico117.600
Oficial115.932
Chofer115.932
Axudante114.662
Peón111.982
Aprendiz (menor de 18 anos) 75.492

Segunda.-Os salarios establecidos na táboa salarial serán revisados se o IPC o 31 de decembro de 1996 supera un incremento do 3,50% respecto do 31 de decembro de 1995. Este incremento aplicarase con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1996.

Terceira.-Lexislación supletoria.

En todo o non estipulado neste convenio colectivo, haberá que aterse ó que determinen as disposicións

laborais en vigor e en especial ó Estatuto dos traballadores.

Composición da comisión paritaria.

En representación da empresa: Álvaro Vieitez Davila.

En representación dos traballadores: Miguel Ángel Lorenzo Hermo.

7357