Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.356

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, e se fixan as súas datas de celebración.

O Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril, establece no seu artigo 29 que o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar dos centros públicos se desenvolverán no primeiro trimestre do curso académico que corresponda, dentro do período lectivo, e que a data de celebración das eleccións será fixada, cun mes de antelación, pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por corresponderlle no curso 1996-1997 a renovación dos consellos escolares dos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, esta consellería, en uso das atribucións expresadas na disposición derradeira primeira e na disposición transitoria cuarta do anexo ó Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento

orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria,

DISPÓN:

Primeiro.

O obxecto desta disposición é determina-lo procedemento de integración no Consello Escolar dos profesores, os alumnnos e os pais dos alumnos do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria que cursan estudios nun centro de primaria, determina-la composición dos consellos escolares dos institutos de educación secundaria con menos de oito unidades, así como fixa-las datas para a súa elección.

Segundo.

A elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar dos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos celebrase entre os días 22 e 30 de novembro de 1996, ámbolos dous incluídos.

Terceiro.

A xunta electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, constituirase entre os días 4 e 7 de novembro de 1996.

Cuarto.

De conformidade co establecido no artigo 31.b) do Decreto 92/1988, do 28 de abril, é competencia da xunta electoral concreta-lo calendario electoral. As xuntas electorais terán presente, en todo caso, que o prazo de admisión de candidatos non deberá ser inferior a sete días naturais.

Quinto.

Os centros que comezaron o seu funcionamiento durante o curso 1995/1996 renovarán o Consello Escolar nos prazos establecidos na presente orde, de acordo co establecido no punto segundo do artigo 49 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e no punto segundo do artigo 49 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro.

Sexto.

En aplicación do disposto na disposición transitoria cuarta do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, modifícase a composición do Consello Escolar dos colexios de educación primaria que provisionalmente escolaricen alumnos de educación secundaria e dos colexios de educación primaria que se transforman progresivamente en institutos de educación secundaria.

A composición do Consello Escolar dos citados centros será a seguinte:

1. Centros de oito, ou máis, unidades.

a) O director, que será o seu presidente.

b) O xefe de estudios.

c) Un concelleiro ou representante do concello do municipio no que estea situado o centro.

d) Un representante do persoal de administración e servicios.

e) Cinco profesores elixidos polo claustro.

f) Tres pais de alumnos.

g) Dous alumnos, sendo electores e elixibles os alumnos que cursan educación secundaria obrigatoria ou oitavo de educación xeral básica.

h) O secretario do centro, que actuará como secretario do Consello Escolar, con voz pero sen voto.

2. Centros con seis ou sete unidades.

a) O director, que será o seu presidente.

b) Un concelleiro ou representante do concello do municipio no que estea situado o centro.

c) Tres profesores elixidos polo claustro.

d) Dous representantes dos pais de alumnos.

e) Un alumno, sendo electores e elixibles os alumnos que cursan educación secundaria obrigatoria ou oitavo de educación xeral básica.

f) O secretario do centro, que actuará como Secretario do Consello Escolar, con voz pero sen voto.

3. Centros de tres, catro ou cinco unidades.

a) O director, que será o seu presidente.

b) Un concelleiro ou representante do concello do municipio no que estea situado o centro.

c) Dous profesores elixidos polo claustro. Un deles, designado polo director, actuará como secretario, con voz e voto no Consello Escolar.

d) Un representante dos pais de alumnos.

e) Un alumno, sendo electores e elixibles os alumnos que cursan educación secundaria obrigatoria ou oitavo de educación xeral básica.

Para determina-la composición do Consello Escolar computaranse as unidades de educación infantil, educación primaria, EXB e educación secundaria que estean en funcionamento neste curso 1996-1997 no centro.

Sétimo.

1. Para os efectos da renovación parcial prevista no artigo 41 e disposición transitoria terceira do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e colexios de educación primaria, cando nos centros citados no apartado anterior deixen de existir unidades de educación secundaria, os postos

ocupados polos alumnos no Consello Escolar serán considerados como postos de pais menos votados.

2. No caso de que continúe impartíndose no centro a educación secundaria obrigatoria, a primeira renovación parcial realizarase de acordo co disposto no citado artigo 41, tendo en conta as seguintes adaptacións:

a) Nos centros de oito ou máis unidades substituiranse dous pais e un alumno.

b) Nos centros de seis ou sete unidades substituiranse un pai e un alumno.

c) Nos centros de 3, 4 e 5 unidades substituirase 1 alumno.

Oitavo.

En aplicación do artigo 43 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, a composición dos consellos escolares nos centros de educación secundaria con menos de oito unidades será a seguinte:

a) O director, que será o seu presidente.

b) Un concelleiro ou representante do concello do municipio no que estea situado o centro.

c) Dous profesores elixidos polo claustro. Un deles, designado polo director, actuará como secretario, con voz e voto no Consello Escolar.

d) Un representante dos pais de alumnos.

e) Un alumno.

Noveno.

Para os efectos da primeira renovación parcial prevista no artigo 40 e disposición transitoria cuarta do Regulamento orgánico de institutos de educación secundaria, serán substituídos: un profesor e o alumno.

Décimo.

Os centros en cada renovación parcial modificarán o número de membros do Consello Escolar en función do número de unidades que teñan nese momento.

Undécimo.

Os alumnos de oitavo de educación xeral básica serán considerados para efectos electorais igual cós de educación secundaria obrigatoria.

Duodécimo.

Ós membros integrantes da xunta electoral, mesas electorais e ós electores que necesiten permiso laboral para o desempeño das súas obrigas seralles de aplicación o artigo 70.2ª da Lei 4/1988, do 26 de maio (DOG do 1 de xuño), da función pública de Galicia. Non obstante, os días en que se celebren as eleccións de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa non poderán ser declarados non lectivos.

Décimo terceiro.

Esta disposición entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

5139