Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 22 de outubro de 1996 Páx. 9.355

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 375/1996, do 11 de outubro, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens afectados polas obras do encoro de Caldas de Reis no río Umia (clave OH.136.306).

Con data 17 de setembro de 1996 o presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia aprobou definitivamente o anteproxecto da obra do encoro de Caldas de Reis no río Umia. Clave: OH.136.306.

A referida obra aparece recollida no proxecto de directrices do Plan Hidrolóxico das Concas de Galicia-Costa.

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado anteproxecto.

A competencia para a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 24/1987, do 29 de xaneiro, sobre asunción de competencias en materia de obras hidráulicas.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de outubro de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación, no anteproxecto da obra do encoro de Caldas de Reis no río Umia. Clave: OH.136.306.

Santiago de Compostela, once de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9607628