Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 18 de outubro de 1996 Páx. 9.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 24 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de información pública sobre levantamento de actas previas (expedientes 2441 e 4286 A.T.)

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto nº 353/1996, (Diario Oficial de Galicia nº 187, do 24-9-1996) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo do 6-3-1996, faise saber a tódolos afectados pola execución dos proxectos que a seguir se indican, L.M.T: ó C.T. de Vilar de Sarria, concello de Sarria, e L.M.T. ós C.T. empalme e Recesende, concello de Castroverde, propiedade da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na Coruña, r/ Fernando Macías, 2, que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas a ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 6-3-1996, e expostas nos taboleiros

oficiais das casas do concello en o desta delegación provincial, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14.

Advírteselles ós interesados afectados que serán ademais notificados individualmente, señalándolles días e hora para o levantamento das actas que poderán formular alegacións por escrito perante esta delegación ata o momento de levanta-las actas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relacións dos bens afectados.

Lugo, 24 de setembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6595