Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 18 de outubro de 1996 Páx. 9.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1996 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios consistente na readaptación da marca Galicia Calidade e o deseño e realización dun manual de identidade corporativa.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 9/1996.

Obxecto do contrato: readaptación da marca Galicia Calidade e o deseño e realización dun manual de identidade corporativa.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo máximo para a entrega e execución do obxecto do servicio será o 30 de decembro de 1996, e se desenvolverase en dúas fases:

1ª fase: consistente na entrega da maqueta da marca, rematando o seu prazo o 30 de novembro de 1996.

2ª fase: consistente na entrega da marca Galicia Calidade readaptada, así como o manual de identidade corporativa e rematará o seu prazo o 30 de decembro de 1996.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: nove millóns oitocentas mil pesetas (9.800.000 pesetas).

Garantía provisional: 2% do orzamento de contrato (196.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

-Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

-Domicilio: San Caetano, 5-4º pranta.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

-Teléfono: 54 55 22.

-Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: non se esixe.

-Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

-Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

-Documentación a presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

-Domicilio: San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mente-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

-Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

-Domicilio: San Caetano, 5-4ª pranta.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

-Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

-Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG nº 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

7314