Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 18 de outubro de 1996 Páx. 9.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/120-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio: Severo Ochoa, 2, A Grela, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T.

Situación: Insua e Santo Domingo (Teo).

Descripcións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 1.668 m de lonxitude, con orixe na liña Calo-Cacheiras (expediente 5432) e final no C.T. que se vai instalar en Insua.

Liña derivada da anterior, das mesmas características, de 399 m de lonxitude, co remate no C.T. que se van instalar en Santo Domingo.

Dous centros de transformación de 50 kVA/U, en Insua e Santo Domingo, sobre apoios de formigón e con tensións de 20/0,380-0,220 kV, dos que parten redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 665 m de lonxitude en Insua e de 240 m en Santo Domingo-Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7316