Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T.
Situación: Fornos y Piaxe (Negreira).
Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, que parten da liña denominada Neiro-Marcelle: de 284 m de lonxitude e final no C.T. que se vai instalar en Piaxe; de 35 m de lonxitude e final no C.T. que se vai instalar
en Fornos. Centros de transformación aéreos, sobre apoios de formigón de 50 kVA en Piaxe e de 100 kVA en Fornos, con tensións de 20/0,380-0,220 kV, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e pasadas sobre fachada de 3.311 m de lonxitude en conductor R.Z. e que discorre polos luagres de Piaxe, Fornos, Portocamiño e Cornovo. Negreira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 20 de setembro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7318