Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

O Pleno do Concello de Quiroga, na sesión celebrada o día 26 de setembro de 1996, adoptou co quórum legal o acordo de aprobación definitiva de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello de Quiroga, unha vez emitido o informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 8 da devandita Lei 7/1995, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

Así mesmo, cumprido o establecido no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, modificada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, publícase o texto íntegro da normativa modificada no BOP de Lugo e entrará en vigor unha vez publicado o devandito texto íntegro, conforme o artigo 65.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril. Contra o presente acordo, definitivo na vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de 2 meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contando

desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns (BOP) ou DOG, logo de comunicación ó concello de Quiroga, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quiroga, 27 de setembro de 1996.

O alcalde

Publicado

9607487