Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación acordou, en sesión do 2-8-1996, a aprobación definitiva da modificación puntual número 9 ás NN.SS. de planeamento urbanístico en vigor, consistindo a modificación na variación do trazado de vial no río do Porto, Barro.

Seguidamente, e a teor dos artigos 70.2º, LRBRL, 196.2º, ROF, faise público o ámbito afectado coa conseguinte exposición do plano de ordenación número 3.1, folla 2A/IX, no que se detalla a modificación operada.

A devandita modificación entrará en vigor ós quince días hábiles seguintes ó da publicación do presente anuncio no DOG, ó quedar acreditado no expediente o cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 8, Lei 7/1985, do 29 de xuño (artigo 70.2º e 65.2º, LRBRL).

Contra o devandito acordo, que esgota a vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, debendo comunica-la súa interposición a esta alcaldía.

Procederá recurso extraordinario de revisión ante esta alcaldía nos casos e prazos sinalados no artigo 118 da Lei 30/1992, sen prexuízo de calquera outro que considere conveniente á súa defensa.

Plano: solo urbano de núcleo urbano, zonificación e aliñación.

Plano: 3.1, folio 2A/IX, escala: 1/2000.

Noia, 9 de outubro de 1996.

Mª Carmen Abeijón García

Alcaldesa-presidenta

7265