Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a infor
mación pública a petición de instalación de L.M.T.S. Gradín campo de fútbol e reforma C.T. campo da feira, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. de Gradín rematando no C.T. de campo de fútbol, concello da Estrada.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 1.150 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Reforma de C.T. campo da feira cunha cela compacta de dúas posicións de liña e unha de protección.
Orzamento: 26.874.737 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 12 de setembro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9607174