Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 96/681 R.C.I. 15/18048).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Inditex, S.A., con domicilio social no polígono de Sabón, parcela 79-b, 15142 Arteixo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación seguinte:

Planta de coxeración para producción de enerxía eléctrica e calor, con destino ós almacéns da sociedade sitos no polígono de Sabón, concello de Arteixo, consta de:

-Tres motores de combustión de gasóleo cunha potencia de 900 kW cada un. Potencia total de 2.700 kW.

-Tres alternadores de 1.600 kVA cada un, r/t 380/15.000 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 27 de agosto de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9607173