Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 16 de outubro de 1996 Páx. 9.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de test de embarazo, esponxas xabonosas, bolsas e papel de esterilización e cánulas de traqueotomía para o Hospital Xeral de Galicia, mediante procedemento aberto e ordinario (expediente 47/1996).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: a contratación da subministración sucesiva de test de embarazo, esponxas xabonosas, bolsas e papel de esterilización e cánulas de traqueotomía para o Hospital Xeral de Galicia.

OrzamentoCantidade

Lote 1: test de embarazo3.280.000400 unidades
Lote 2: esponxas xabonosas1.400.000200.000 unidades

OrzamentoCantidade

Lote 3: bolsas esterilización (75x80)81.50010.000 unidades
Lote 4: bolsas esterilización (100x280)180.00050.000 unidades
Lote 5: bolsas esterilización (150x230)840.000120.000 unidades
Lote 6: bolsas esterilización (200x420)750.00075.000 unidades
Lote 7: bolsas esterilización (250x360)225.00015.000 unidades
Lote 8: bolsas esterilización (270x350)675.00045.000 unidades
Lote 9: bolsas esterilización (300x3450)507.00035.000 unidades
Lote 10: bolsas esterilización (300x510)1.210.00055.000 unidades
Lote 11: bolsas esterilización (400x580)636.00020.000 unidades
Lote 12: bolsas esterilización (100x210)102.00030.000 unidades
Lote 13: bolsas esterilización (100x580)51.0006.000 unidades
Lote 14: papel esterilización (120x120)945.0007.000 unidades
Lote 15: papel esterilización (100x100)1.870.00022.000 unidades
Lote 16: cánulas traqueotomía (4-7 mm)909.650230 unidades
Lote 17: cánulas traqueotomía (6-8 mm)1.107.400280 unidades
Lote 18: cánulas traqueotomía (8-9 mm)1.344.700340 unidades

2. Orzamento: 16.114.250 ptas. (dezaseis millóns cento catorce mil dúascentas cincuenta pesetas), IVE incluído.

3. Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación dos lotes os que se presente oferta.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: a duración do contrato será desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1996.

6. Admisión de variantes: admitiranse variantes sempre que respecten as prestacións mínimas esixidas no prego de prescricións técnicas.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Criterios de adxudicación: os establecidos no apartado 10 da folla de especificacións.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentacióin de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No

caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital de Conxo ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

9607253