Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 16 de outubro de 1996 Páx. 9.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 24 de setembro de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a apertura do expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada á sociedade Explotaciones Marinas, S.A. (C-950-CAD).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 de 27-11), notifícaselle á sociedade Explotaciones Marinas, S.A., con último domicilio coñecido na Coruña, peirao da Palloza, almacén nº 1-E, a apertura do expediente de caducidade instruido por incumprimento das normas que regulan o título da concesión administrativa e levar inactivo un tempo superior a dous anos, sendo isto causa de caducidade das establecidas nos artigos 56.3º e 72, apartado a) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31-5).

O suxeito a expediente dispón dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación deste edicto para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial da Coruña (r/ Ramón y Cajal nº 1-5ª Planta - Casa do Mar) e presentar ante a citada delegación as alegacións que considere pertinentes.

A Coruña, 24 de setembro de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

7252