Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 16 de outubro de 1996 Páx. 9.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 348/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. San Lourenzo II, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.46 da L.M.T. Cangas-Ratóns, rematando no C.T. que se proxecta en San Lourenzo II, concello de Moaña.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 683 m de lonxitude, con conductor tipo

LA-56, sobre apoios de formigón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Orzamento: 3.881.626 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 12 de setembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9607168